Cuaresma

FELICES FESTAS PATRONAIS




Benqueridos parroquianos:
Una ano máis queremos facervos chegar dende a rectoral parroquial (hogar de almas, parroquia querida...) o noso desexo sentido e sincero, de que o vindeiro día 18 teñades unha xornada festiva na honra da nosa Patrona, Santa Mariña, fermosa doncela galega que venceu, por amor a Xesús, a tentación do poderoso tirano. Que esa victoria da nosa celestial patrona, nos serva de exemplo nos momentos difíciles da nosa vida.
Este ano temos novo Papa, chegado de terras irmáns, da sempre querida Arxentina, onde exercía o arcebispado na capiatal bonaerense. Dende a súa toma de posesión o 13 de marzo pasado, deunos mostras de sinxeleza e austeridade, a tono cos tempos que nos toca vivir. Que nos servan de modelo de vida. Acolleuse ó patrocinio de San Francisco, "il poverello", o que supón tamén unha chamada de atención para os que nos recoñecemos católicos.
Coma sempre, lembramos ós nosos irmás espallados polo mundo, co desexo de que vivan un día cheo de lembranzas agarimosas e manteñan sempre o cariño para a súa terra natal, o seu Cambados da alma.
Tampouco esquecemos ós nosos conveciños que seguen a sufrir as circunstancias económicas negativas do noso país, polo que pedimos a Santa Mariña que interceda ante Deus para que pronto, moi pronto, cambien tales circunstancias e poidan voltar a unhas condicións de vida dignas nun posto de traballo igualmente digno.
E, como é de obriga e sentimento, lembramos tamén a cantos nos deixaron dende a pasada festa patronal, para comparecer ante o noso Pai Deus, para dar conta dea súa vida, e recoller o premio que, de seguro, estarán disfrutando na eterna morada do ceo.
Recibe un fratereno abrazo dos sacerdotes que nos asisten, das relixiosas Irmanciñas dos Anciáns Desamparados e das Fillas de Maria Auxiliadora, e do voso párroco e pastor.
José Aldao Rey


Consultar

Referencia:

COMPARTIR: facebook twitter google